Thursday 09 de May de 2024

Información cultural – Carral – 13 de decembro


A BIBLIOTECA ACOLLE A ÚLTIMA SESIÓN DE CONTACONTOS TEATRAL DESTE ANO

Trinketrinke Teatro presentará o xoves 16 de decembro a última sesión de contacontos que organiza cada mes a Biblioteca municipal para a rapazada de 4 a 8 anos de idade. Nesta ocasión os Ratos de Lonxedetodo presentan “Aventuras na cociña”. A sesión comezará ás 18:00 h.

Xa se poden reservar entradas, que son limitadas, chamando ao 981 672 580.

A PELÍCULA FAMILIAR DESTA SEMANA É “LOS CROODS: UNHA NUEVA ERA”

Dentro da programación de Nadal que organiza a Concellería de Cultura, preséntase este venres 17 de decembro, na Casa da Cultura, ás 18:00 h, a película de animación “Los Croods: una nueva era”, calificada como apta para todos os públicos.

Para asistir é necesario chamar ao 981 672 580 para reservar os convites.

A CARRALESA INMA OTERO PRESENTA O SEU NOVO LIBRO “O OBXECTO MULLER E O XIRO ONTOLÓXICO”

A Casa da Cultura acollerá este venres a presentación do libro “O obxecto muller e o xiro ontolóxico” da profesora e crítica literaria Inma Otero Varela, e publicado por Euseino? Editores. O acto, que contará coa participación da autora acompañada do filósofo e poeta Carlos Lema, comezará ás 20:00 h. e é necesario para asistir, como unha das medidas preventivas contra o covid-19, anotarse previamente na Casa da Cultura (tel. 981 672 580).

O acto está organizado pola Asociación Eco Cultural Lacrar, coa colaboración do Concello de Carral.